03.31.10

SABES O QUE ESTÁS A PIQUES DE FACER?

Co título “A boca da literatura (Memoria, ecoloxía, lingua)”, este é o texto íntegro do discurso de ingreso na Academia Galega, lido por Manuel Rivas Barrós o 12 de decembro do 2009 no paraninfo da Universidade da Coruña:

Hai un intre na Antígona de Sófocles en que o Coro di:

Andan por aí infinidade de cousas estrañas
pero ningunha máis estraña que o ser humano.
Esa cousa que é o home avanza
mesmo á linde das rutas do agrisado mar
con borrascoso ávrego, atravesándoo
baixo a ameaza de vagas que brúan ao seu redor.

Xa estamos na linde das rutas do agrisado mar. O máis estraño anda á procura dunha boca. E esa boca, a do máis estraño (o máis formidábel, o máis abraiante, o máis terríbel), é a boca da literatura. Read the rest of this entry »

| Posted in Ensaio | Comentarios desactivados en SABES O QUE ESTÁS A PIQUES DE FACER?
03.30.10

O almeiro

| Posted in Ecoloxía, Fotografía | Comentarios desactivados en O almeiro
03.30.10

Todo o que cae na rede é peixe

O único xeito de defenderse a natureza en Galicia é permanecer na maior invisibilidade posíbel. Un sempre pensou que o que melloraba a protección era a visibilidade. Por iso o obxectivo en moitas causas era facerse visíbel. A ocultación e o silencio favorecían as discriminacións, o maltrato, as inxustizas e as desfeitas. Mais hai que comezar a revisar esa teoría, polo menos no que atinxe ao medio ambiente en Galicia. Estar protexido, oficialmente, é hoxe un perigo neste país onde, en expresión de Ruyard Kipling, o poder que goberna é “o poder sen responsabilidade”. Read the rest of this entry »

| Posted in Artigos, Ecoloxía | Comentarios desactivados en Todo o que cae na rede é peixe
03.21.10

A cámara indómita

| Posted in Fotografía | Comentarios desactivados en A cámara indómita
03.20.10

Galicia e o ‘buraco in progress’

Se tivese que escoller agora dúas viñetas de Castelao, unha sería a do gato cínico que recita a Bécquer: “Volverán las oscuras golondrinas en su balcón los nidos a colgar… Pero aquela que papei o ano pasado, esa non volverá.” E a outra? A outra é aquela na que aparecen unha nai e un meniño e a muller pregunta: “Por que non queres ir á escola?”. E o rapaciño di: “Porque sempre me preguntan o que non sei”. Read the rest of this entry »

| Posted in Artigos, Sen clasificar | Comentarios desactivados en Galicia e o ‘buraco in progress’
03.20.10

XXV Aniversario ‘De amor e desamor’

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/D95161xWyMU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

| Posted in video | Comentarios desactivados en XXV Aniversario ‘De amor e desamor’
03.20.10

A ENIGMÁTICA ORGANIZACIÓN

Veñen as palabras reclamar o seu,
o subtraído.
Fóra dos campos de traballo,
móvense coidadosas como a porcelana
ou o primeiro día de abril.
Non osmas o recendo higrófilo
das súas follas de espiga,
o suor argonauta do seu gran?
Existen.
Existe o aviador que le braille na noite.
Existe a vesga que leva voces baixas
no seu paxe de ourizos.
Existe a boca da literatura,
a tola que fala soa
como unha medusa.
Existe a boca do pozo que enxamea,
polposa, mal falada,
protexendo os seus.
Existe outra saudade.
Existe o tren onde viaxa unha saudade
desposuída.
Dormen as palabras
baixo o alzheimer das pontes.
Nos sumidoiros desenvólvese a historia:
as falsas testemuñas torturan os poemas.
No tormento da asfixia,
perden o ar,
a valiosa información.
Salvaranse os que simulen a morte
nun esplendor de herba.
Ou os que lembren un romance de cego
onde todo se conta
sen esperanza e sen medo.
Ou aqueles que rescate a enigmática organización
das palabras en vilo.

03.20.10

A maleta do emigrante