05.12.10

A maleta de MILU

Penso que a maleta de Milu xa forma parte da mellor iconografía galega. É unha obra de Aitana Carrasco que ilustrou o noso relato así titulado “Milu”, que publica Kalandraka. Ten a condición de “libro solidario”: os dereitos pola súa venda van destinados á Fundación Meniños, que loita dende hai anos polo bo trato e polos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social.

| Posted in Conto, Ilustración, Infancia | Comentarios desactivados en A maleta de MILU