ESCRITO EN CERA BRAVA

Non hai canto a ningún “soporte” como o que fixo Baudri de Bourgueil ás súas táboas de cera, en “Ludendo de tabulis suis”, aló polo século XI:
“Oxalá os nosos xogos comúns se prolonguen eternamente; quero dicir: oxalá nunca me vexa privado das miñas táboas. Vivirei onda vós; vós vivides ao meu carón. Que á fin unha tumba única nos acolla. Amén”.
Agora que o penso, a mellor literatura semella estar escrita en cera. En cera brava. A que fan as abellas fóra da colmea.

| Maio 13th, 2010 | Posted in aforismo, Ecoloxía, literatura |

Comments are closed.