PACTO E DECRETO (poema xornalístico)

O Presidente trouxo unha gran noticia: o gran pacto.
Queremos un gran pacto, dixo.
Queremos a paz, dixo.
Entón, retirarán a declaración de guerra,
o decreto de hostilidades?,
preguntou o xornalista máis inxenuo.
Ah, iso non!, respondeu o Presidente.
Non oíron falar da “paz hostil”?

| Maio 18th, 2010 | Posted in aforismo, Lingua, literatura, Poemas |

Comments are closed.