POSTAL PARA NORUEGA (Cabo Vilano)


Velaí,
onde naceran os ollos
da flor de namorar,
o sepulcro da miña ollada.
Decapitado o día,
só o faro compensa na noite
o silencio afogado dos peixes
no viveiro da morte.

A imaxe mostra o impacto da “piscifactoría”, de capital noruegués, autorizada no derradeiro consello da Xunta de Fraga, e que estragou para sempre un dos máis senlleiros espazos naturais na beiramar da Galiza, o do cabo Vilano, na Costa da Morte.

| Xuño 2nd, 2010 | Posted in Ecoloxía, Fotografía, Lugares da Memoria, Poemas |

Comments are closed.